miércoles, 19 de diciembre de 2007

Descripción



A cor de pel desta persoaxe é amarela. Ten o pelo loiro, longo e liso. As orellas pequenas e redondas, os seus ollos son grandes. por enriba dos seus ollos ten unhas cellas grandes da mesma cor que o seu pelo. O seu nariz é alongado, os seus beizos son pequenos e tenos pintados de cor vermella. É alta e de complexión delgada.

Vai vestida cunha camiseta de manga curta de dúas cores branca e gris, leva uns pantalóns azuis e uns zapatos marróns, na cabeza leva un pañuelo azul claro.

O seu carácter é pacífico e parece ser unha rapaza que non se mete en problemas non lle gusta a xente conflitiva e é amiga dos seus amigos.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

A nova aula

Oxe estamos nunha nova aula de informática. Nesta aula estiven facendo 3º da E.S.O , e traeme moitos recordos dos meus compañeiros e dos bos momentos que teño pasado con eles pero tamén os malos recordos dos examen que teño feito aquí.
Esta clase é mellor cá outra porque esta é máis quente cá outra porque na outra facía máis frío, tamén esta é moito máis grande e estamos máis distribuídos e está máis iluninada.
Despois de moito tempo volvo estar aquí de novo nesta aula.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

QUÉROTE

Onte viñeronnos dar unha charla sobre sexualidade.
A rapaza que nos veu falar de sexualidade xa viñera o ano pasado chámase Noa.Tivemos só dúas horas de charla pero aínda que foi pouco tempo estivo moi interesante,xa que é un tema que nos interesa a todos,estivemos falando de varias cousas ente elas que a sexualidade é unha cousa que temos dende que nacemos ata que morremos.Recordounos como se poñía un preservativo, e logo deunos un para cada un.Tamén nos falou das enfermidades que se podía ocasionar o ter relacións sen protección e deunos uns folletos de información que temos na clase.A rapaza explicounos todo moi ben e con moitos detalles e palabras novas que nunca oira como sexuación, tamén nos falou do erotismo e púxonos exemplos de parellas e preguntounos si as costumbres que tiñan eran normais ou patolóxicas.
E haber se nos veñen a dar máis charlas sobre esto.

jueves, 15 de noviembre de 2007

Así son eu!!!

ola a todos!
Chámome olaya e teño 16 anos, vivo en Chantada e vou ó instituto Lama das Quendas.
Son unha rapaza alta, teño o pelo escuro e longo, os meus ollos son marróns, as miñas cellas son finas e teño uns labios carnosos!!!
Gústame escoitar música e sobre todo saír cos meus amigos. Non me gusta nada madrugar para vir ó colexio e tampouco me gusta estudar.


O meu carácter é tranquilo e case sempre estou de bo humor e é moi raro que me enfade con alguén.

Este blog é de clases de técnicas de expresión escrita e nel imos traballar en clase.

miércoles, 24 de octubre de 2007

ola a todos!!!chámome olaya e este é o meu blog de clases. Nel vou escribir durante todo o curso e moito máis. Aquí vou escribir o que fagamos en clase e outras cousas.

say it right