jueves, 29 de mayo de 2008

A casa misteriosa


Hai moitos anos vivía nunha gran casa unha pequena familia, eran tres persoas, os pais e a filla.
A casa era enorme cun gran xardín e nel había unha piscina, para que se divertira Lucía, que así era como se chamaba a rapaza. Ela era moi tímida e apenas dirixía palabra a ninguén, era loira cos ollos azuis, tiña quince anos e era moi delgada, o seu pelo era longo e sempre o levaba atado cun lazo vermello.
Pero un día Lucía estaba facendo os deberes no seu cuarto cando de repente oíu un estraño ruído que viña do soto, ela decidiu ir ver de que procedía ese ruído tan estraño, seus pais non estaban, comezou a baixar as escaleiras do soto pero alí non había nada e pensou que seguro que eran cousas dela e volveu para o cuarto.
Lucía pasaba a maior parte do día ela soa porque seus pais tiñan que traballar. Aburríase moito e non sabía o que facer ata que un día decidiu explorar o bosque que había ó lado da súa casa, comezou a andar e andar e de súpeto escoitou o mesmo ruído que escoitara no soto achegouse alí e viu unha estraña sombra , pero de repente a esa estraña cousa fóiselle achegando máis e máis ata que estaba en fronte a ela.
Era dun rapaz duns dezasete anos que segundo lle dixo á rapaza vivía antes na súa casa e debido a unha maldición que había dende hai moitos anos,e que por iso estaba el morto e que a viña avisar de que antigamente vivía alí un home vello que non tiña a ninguén ó seu lado e que dicían que estaba tolo e asustaba á xente e desaparecera estrañamente un día e non se soubo nada máis del. Lucía quedou asombrada e non o cría pero o rapaz contoulle de que unhas vellas comentaban de que aínda andaba por aí e que todas as persoas que compraban a súa casa matábaas ou liscábaas de alí porque non quería que ninguén vivira alí. E despois diso si que o creu entón liscou de alí para avisar os seus pais pero estes non a creron e unha semana despois morreron todos nun misterioso accidente de coche debido a que quedaron sen freos porque alguén llos cortara. E din que foi por culpa do home misterioso.

martes, 27 de mayo de 2008

semana da poesía

Ola!! Esta entrada fixémola entre María e eu.

O luns fomos ver unhas exposicións de poesía que fixeron os alumnos de primeiro de bacharelato.
O primeiro que vimos foi un vídeo baseado nun libro de poesía.Que trataba do abuso das persoas. Despois fomos ata onda Marcos e Andrés, nel tiñamos que ler un poema e logo facíannos preguntas sobre el e si acertabamos deixánbannos tirar cos dardos e dentro do globo había un papel que con el entrábamos nun sorteo dunha televisión pero ó final era de cartón. Logo achegámonos ata donde estaba Alba. O traballo dela e máis dos seus compañeiros trataba de escribir ou debuxar o que che expresaba algún poema dese libro. Seguimos vendo traballos e fomos xunto a Sofía e máis Águeda as cales fixeron un traballo no cal tiñas que ler un poema e poñer unha foto na cal expresaba algo dese poema. Se acertábamos dábannos unhas gominolas. Máis tarde fomos xunto a Sara quen nos mostrou un vídeo con poemas os cales tiñamos que ler,logo ela quitábanos algunhas letras do poema e tíñamos que adiviñar cales eran. Por último, estivemos vendo un vídeo e despois de velo pasáronnos un cuestionario sobre el, según foramos acertando dábannos golosinas. Despois de contestar as preguntas mandáronnos escribir nun papel a sentimento que nos producía o poema e tiñamos que coller un papel cun número e recitábannos un poema e tamén dábannos un diploma.

martes, 13 de mayo de 2008

Relato curto

Un día de verán estaba Ana no parque vendo xogar ós rapaces. Cando xirou a cabeza deuse conta que no chan había cinco céntimos e colleunos. Cando voltou para a casa viu nunha tenda un cartel que poñía todo a cinco céntimos! E entrou a comprar e na tenda viu moitas cousas e non sabía si decidirse por un fermoso coche de xoguete ou un unicornio e ó final elixiu ó coche.

martes, 6 de mayo de 2008

Comentade aquí o meu vídeo.

say it right