miércoles, 9 de enero de 2008

Vacacións do nadal

As vacacións do nadal comezaron o 21 de decembro cando nos deron as notas. Fixéronse moi curtas. Paseino ben estiven cos amigos, fun de paseo.....



En noite boa fun cos meus pais e miña irmá comer á casa dos meus avós como todos os anos, despois de cear fun tomar algo cos meus amigos. Nesa noite viña Papá Noel e a ver si traía algo...! Non me queixo dos regalos o que máis me gustou foi o móbil que me regalou o meu mozo, xa que era o que eu quería, pero os outros tampouco estiveron mal.

Despois da noite boa o resto da semana estiven cos meus primos pequenos e tamén cos meus compañeiros.

Por fin chegou fin de ano, xa pensei que nunca ía chegar. Pola mañá tiven que levantarme cedo para ir a perruquería logo pola tarde estiven preparando as cousa para a noite. Pola noite fun cear a casa dos meus tíos e cando chegaron as doce ala!! a comer as doce uvas. Este ano cominas todas!jejeje despois xa era hora de saír de festa cos amigos. Fun a casa prepararme rápido porque quedaramos todos os compañeiros de clase! Que guapos estabamos todos, unha vez que estabamos todos fumos de festa que a noite era moi longa.



A volta das vacacións todo estaba como sempre a clase seguía como sempre as mesas todas colocadas e a clase limpa, no se vía ni un papel no chan, o que si tiña de malo e que estaba moi fría porque como estivera todas as vacacións vacía por eso estaba así.

No hay comentarios:

say it right