Hai moitos anos vivía nunha gran casa unha pequena familia, eran tres persoas, os pais e a filla.
A casa era enorme cun gran xardín e nel había unha piscina, para que se divertira Lucía, que así era como se chamaba a rapaza. Ela era moi tímida e apenas dirixía palabra a ninguén, era loira cos ollos azuis, tiña quince anos e era moi delgada, o seu pelo era longo e sempre o levaba atado cun lazo vermello.
Pero un día Lucía estaba facendo os deberes no seu cuarto cando de repente oíu un estraño ruído que viña do soto, ela decidiu ir ver de que procedía ese ruído tan estraño, seus pais non estaban, comezou a baixar as escaleiras do soto pero alí non había nada e pensou que seguro que eran cousas dela e volveu para o cuarto.
Lucía pasaba a maior parte do día ela soa porque seus pais tiñan que traballar. Aburríase moito e non sabía o que facer ata que un día decidiu explorar o bosque que había ó lado da súa casa, comezou a andar e andar e de súpeto escoitou o mesmo ruído que escoitara no soto achegouse alí e viu unha estraña sombra , pero de repente a esa estraña cousa fóiselle achegando máis e máis ata que estaba en fronte a ela.
Era dun rapaz duns dezasete anos que segundo lle dixo á rapaza vivía antes na súa casa e debido a unha maldición que había dende hai moitos anos,e que por iso estaba el morto e que a viña avisar de que antigamente vivía alí un home vello que non tiña a ninguén ó seu lado e que dicían que estaba tolo e asustaba á xente e desaparecera estrañamente un día e non se soubo nada máis del. Lucía quedou asombrada e non o cría pero o rapaz contoulle de que unhas vellas comentaban de que aínda andaba por aí e que todas as persoas que compraban a súa casa matábaas ou liscábaas de alí porque non quería que ninguén vivira alí. E despois diso si que o creu entón liscou de alí para avisar os seus pais pero estes non a creron e unha semana despois morreron todos nun misterioso accidente de coche debido a que quedaron sen freos porque alguén llos cortara. E din que foi por culpa do home misterioso.

13 comentarios:
- Cantas veces a palabra "rapaza"?? e "casa"?? e "sombra"???
- Pásalle o corrector ortográfico.
- Cal é a maldición da casa?? Por que morren os pais?? Non qyeda moi clara a historia.
- Lembra facer a xustificación do texto.
ola que tal a entrada esta ben
ola a historia e moi boa, gustoume bastante haber se tes sore e aprovas todo venga a cuidarse
Ola. A historia ten un final ben discurrido.
Saúdos.
ola a historia está ben, pero non lle puxeches foto...un saudo.
é unha pena que morresen os pais. Polo demais gustoume moito a entrada.
ola a entrada está ben
Ola. e historia esta moi ben non me esperaba ese final jejeje un saudo
Ola.
A entrada esta ben, porque redacta a vida dunha rapza que se chamaba Lucía. A pobre da rapaza avuriase porque sempre estaba soa e avurríase. Pero a casa estaba moi ben porque tiña de todo era grande, tiña piscina as cores compaxina moi ben.
Ola.
A descrición de Lucía está bastante completa.
A historia é boa, e o rapaz fixo ben en avisar a Lucía, pero como os pais non a creron, pois pasoulles o mal advertido.
Saúdos.
Tamén me gustou moito a descripción de Lucía, paréceme moi completa
Ola a descrición de Lucía está moi ben e a redacción tamén. Repites moitas veces algunhas palabras. Veña un saúdo.
Publicar un comentario