miércoles, 5 de marzo de 2008

Lancelot e Xenevra

Os dous da foto da derita son Lacelot e Xenevra.
Estaban namorados, pero o seu amor era imposible porque Xenevra estaba casada con Artur , pero a eles dávalles igual porque se seguían vendo. Pero un día Artur descóbreos no monte os dous e estes escapan cara Francia e Artur vai detrás deles.

jueves, 21 de febrero de 2008

O cómic

O noso traballo trata dun rapaz que soñaba con zombis e que mataba a xente, e esa xente combertiase en zombis.Os pais do rapaz tiñan unha tortillería.Un día o rapaz coñece a unha vagabunda que estaba nun parque e contoulle o que lle pasaba e a vagabunda buscoulle unha solución.
No meu grupo estabamos catro:Ainoa,Jonatan, Pablo e máis eu. Traballamos todos por igual os zombis, o rapaz e as imaxes buscamolas en internet. Logo pegamolas en papel continuo que nos deixou a profesora. E cando as viñetas estaban todas listas pegámolas na papel e puxémoslle o título ó cómic O neno zombi ese foi o título que decidimos poñerlle porque como o neno a cada persoa que mataba e se combertía en zombi ocorreusenos poñerlle así.

miércoles, 9 de enero de 2008

Vacacións do nadal

As vacacións do nadal comezaron o 21 de decembro cando nos deron as notas. Fixéronse moi curtas. Paseino ben estiven cos amigos, fun de paseo.....



En noite boa fun cos meus pais e miña irmá comer á casa dos meus avós como todos os anos, despois de cear fun tomar algo cos meus amigos. Nesa noite viña Papá Noel e a ver si traía algo...! Non me queixo dos regalos o que máis me gustou foi o móbil que me regalou o meu mozo, xa que era o que eu quería, pero os outros tampouco estiveron mal.

Despois da noite boa o resto da semana estiven cos meus primos pequenos e tamén cos meus compañeiros.

Por fin chegou fin de ano, xa pensei que nunca ía chegar. Pola mañá tiven que levantarme cedo para ir a perruquería logo pola tarde estiven preparando as cousa para a noite. Pola noite fun cear a casa dos meus tíos e cando chegaron as doce ala!! a comer as doce uvas. Este ano cominas todas!jejeje despois xa era hora de saír de festa cos amigos. Fun a casa prepararme rápido porque quedaramos todos os compañeiros de clase! Que guapos estabamos todos, unha vez que estabamos todos fumos de festa que a noite era moi longa.



A volta das vacacións todo estaba como sempre a clase seguía como sempre as mesas todas colocadas e a clase limpa, no se vía ni un papel no chan, o que si tiña de malo e que estaba moi fría porque como estivera todas as vacacións vacía por eso estaba así.

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Descripción



A cor de pel desta persoaxe é amarela. Ten o pelo loiro, longo e liso. As orellas pequenas e redondas, os seus ollos son grandes. por enriba dos seus ollos ten unhas cellas grandes da mesma cor que o seu pelo. O seu nariz é alongado, os seus beizos son pequenos e tenos pintados de cor vermella. É alta e de complexión delgada.

Vai vestida cunha camiseta de manga curta de dúas cores branca e gris, leva uns pantalóns azuis e uns zapatos marróns, na cabeza leva un pañuelo azul claro.

O seu carácter é pacífico e parece ser unha rapaza que non se mete en problemas non lle gusta a xente conflitiva e é amiga dos seus amigos.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

A nova aula

Oxe estamos nunha nova aula de informática. Nesta aula estiven facendo 3º da E.S.O , e traeme moitos recordos dos meus compañeiros e dos bos momentos que teño pasado con eles pero tamén os malos recordos dos examen que teño feito aquí.
Esta clase é mellor cá outra porque esta é máis quente cá outra porque na outra facía máis frío, tamén esta é moito máis grande e estamos máis distribuídos e está máis iluninada.
Despois de moito tempo volvo estar aquí de novo nesta aula.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

QUÉROTE

Onte viñeronnos dar unha charla sobre sexualidade.
A rapaza que nos veu falar de sexualidade xa viñera o ano pasado chámase Noa.Tivemos só dúas horas de charla pero aínda que foi pouco tempo estivo moi interesante,xa que é un tema que nos interesa a todos,estivemos falando de varias cousas ente elas que a sexualidade é unha cousa que temos dende que nacemos ata que morremos.Recordounos como se poñía un preservativo, e logo deunos un para cada un.Tamén nos falou das enfermidades que se podía ocasionar o ter relacións sen protección e deunos uns folletos de información que temos na clase.A rapaza explicounos todo moi ben e con moitos detalles e palabras novas que nunca oira como sexuación, tamén nos falou do erotismo e púxonos exemplos de parellas e preguntounos si as costumbres que tiñan eran normais ou patolóxicas.
E haber se nos veñen a dar máis charlas sobre esto.

jueves, 15 de noviembre de 2007

Así son eu!!!

ola a todos!
Chámome olaya e teño 16 anos, vivo en Chantada e vou ó instituto Lama das Quendas.
Son unha rapaza alta, teño o pelo escuro e longo, os meus ollos son marróns, as miñas cellas son finas e teño uns labios carnosos!!!
Gústame escoitar música e sobre todo saír cos meus amigos. Non me gusta nada madrugar para vir ó colexio e tampouco me gusta estudar.


O meu carácter é tranquilo e case sempre estou de bo humor e é moi raro que me enfade con alguén.

Este blog é de clases de técnicas de expresión escrita e nel imos traballar en clase.

say it right